A demora media para operarse na área de Ferrol sitúase en 39,9 días, con 1.113 persoas en lista de espera

A demora media para unha intervención cirúrxica na área sanitaria de Ferrol subiu nun día con respecto ao ano anterior e sitúase en 39,9 ao peche de 2016, con 1.113 persoas en lista de espera.

Ferrol | 20/01/2017 | Actualizada ás 15:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A demora media para unha intervención cirúrxica na área sanitaria de Ferrol subiu nun día con respecto ao ano anterior e sitúase en 39,9 ao peche de 2016, con 1.113 persoas en lista de espera.

Así o informou este venres a Xerencia Integrada de Ferrol, que indica que para unha consulta a demora media se situaba ao peche de 2016 en 65,1 días, con 15.481 persoas en lista de espera.

A área de Ferrol fixo fincapé en que segue traballando para "dar resposta a aquelas persoas que requiren prioridade de atención para que reciban antes a asistencial aqueles que máis a necesitan".

Ao respecto, incidiu en que mantivo "dende o inicio" uns datos "por debaixo dos obxectivos de prioridade establecidos". En concreto, apuntou que a espera media en prioridade 1 se sitía nos 10,1 días; en prioridade 2, en 37 días; e en prioridade 3, en 42,5 días.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta