A multinacional veterinaria Boehringer Ingelheim distingue un proxecto do Campus Terra da USC

O veterinario chantadino Gonzalo López Lorenzo, membro do grupo de investigación en Sanidade Animal de Galicia da USC foi galardoado na sétima edición do Premio Eurpean PCV2 Award, un certame de periodicidade anual convocado pola multinacional veterinaria Boehringer Ingelheim e a través do que se distinguen os tres mellores proxectos de investigación europeos sobre Circovirus Porcino.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O veterinario chantadino Gonzalo López Lorenzo, membro do grupo de investigación en Sanidade Animal de Galicia da USC foi galardoado na sétima edición do Premio Eurpean PCV2 Award, un certame de periodicidade anual convocado pola multinacional veterinaria Boehringer Ingelheim e a través do que se distinguen os tres mellores proxectos de investigación europeos sobre Circovirus Porcino.

A proposta de I+D presentada por López Lorenzo leva por título 'Aplicación da detección ambiental do PCV2 a través do emprego da qPCR' no estudio epidemiolóxico da infección'.

Esta liña de traballo capitaliza a investigación que está a realizar o propio Gonzalo López ao amparo da tese de doutorado que está a desenvolver no Departamento de Patoloxía Animal da USC, e que propón a aplicación de detección deste virus en mostras ambientais por qPCR, coa pretensión de poder determinar a diseminación e a transmisión do virus nas explotacións.

Os resultados obtidos ao final deste proceso de investigación permitirán establecer medidas eficaces e eficientes en relación ao control e á prevaricación desta enfermidade, segundo argumenta este doutorando da USC.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta