O PPdeG destaca o carácter "de control" do pleno desta semana, no que Feijóo informa do cumio de presidentes

Reitera que a comisión de caixas reabre "para rematar os traballos" e rexeita usala para "un pimpampum" con "prexuízos que non se sosteñen"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 15:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou o forte carácter "de control" do pleno desta semana, no que comparecerá en O Hórreo o xefe do Executivo, Alberto Núñez Feijóo, para informar da Conferencia de Presidentes; e tamén o vicepresidente, Alfonso Rueda, sobre as liñas de actuación do seu departamento para este mandato.

En rolda de prensa, Puy destacou que dos 29 puntos da orde do día, 23 concrétanse "a iniciativa da oposición" e 19 son accións de control ao Goberno.

Ademais, os populares defenderán dúas iniciativas de impulso: sobre a aprobación dunha norma que regule o réxime de contratación do persoal de contratación do persoal investigador laboral da Administración pública de Galicia e o impulso dun plan de axudas específico para asuntos monoparentais.

Os populares preguntan ao Goberno tamén sobre a opinión da Xunta sobre a conxugación do uso e aproveitamento público dos terreos portuarios coa visibilidade económica e social do porto; sobre a información aos usuarios ante as súas preocupacións pola factura da luz; e a valoración do último informe PISA.

EVITAR "PIMPAMPUM" NA COMISIÓN DE CAIXAS

Por outra banda, Puy, quen xa se pronunciara en relación ás comparecencias solicitadas no marco da reactivación da comisión de caixas, insistiu en que este órgano se reabre para "rematar os traballos" iniciados e rexeitou usala para "un pimpampum" ou un protagonismo mediático asentado en "prexuízos que non se sosteñen".

"Non se trata de que volva haber comparecencias que xa se produciron e que estarían nesgadas polo paso do tempo, senón de rematar os traballos", sentenciou, para engadir, en todo caso, que si se incorporará á documentación "as novas sentenzas da Audiencia Nacional ou do Tribunal Supremo" sobre as indemnizacións.

Sobre a venda de Novacaixagalicia, concluíu que "algúns deberían repasar non só a documentación feita pública, senón o informe que se refire á venda de Novacaixagalicia e que di o órgano do sector público responsable sobre o que pasou". "A partir de aí, calquera cousa que se diga ten moi pouco recorrido", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta