Prosegue a busca da octoxenaria desaparecida en Meira (Lugo) con poucas esperanzas de achala con vida

O operativo de busca dunha octoxenaria desaparecida dende o pasado 16 de xaneiro prosegue este mércores con poucas esperanzas de achar con vida a muller.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2017 | Actualizada ás 14:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O operativo de busca dunha octoxenaria desaparecida dende o pasado 16 de xaneiro prosegue este mércores con poucas esperanzas de achar con vida a muller.

En concreto, o alcalde de Meira, Antonio de Dios, que participa activamente nos labores de busca da veciña Oliva López, desaparecida o luns 16, non confía en atopala "con vida".

De novo ás 9,30 horas deste mércores continuouse o rastrexo para localizar a muller despois de que o martes se centrase a busca, unha vez máis, no ámbito da casa, no lugar de Murias, entre "cincocentos metros e un quilómetro" deste perímetro.

Antonio de Dios asegurou que non diminúe "a intensidade" nas batidas, nas que interveñen ata medio centenar de veciños. "Non é que perdésemos o ánimo", subliñou.

As baixas temperaturas, por debaixo de cero, non lle permiten ser optimista de cara a atopala con vida. "Con estas temperaturas viva non a imos atopar, pero ogallá sexa así, aínda que sería un milagre. Imos continuar dende o Concello, os veciños e a Garda Civil", manifestou.

Ademais, concretou que se están a facer "rozas" para localizar a muller desaparecida, viúva e de 85 anos que vivía soa na súa casa. Dende hai un mes e medio presentaba problemas de "orientación".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta