SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2017 | Actualizada ás 06:14 por EUROPA PRESS
A compostelana Katuxa Platero gañou o premio MadridJoya Designers 2017 coa súa colección 'No xardín', unha liña inspirada no mundo das flores, os froitos e os insectos.
Trátase do galardón que anualmente concede o xurado do Salón Internacional de Xoiaría e Reloxaría Urbanas e de Tendencia (MadridJoya), integrado por "recoñecidos profesionais do sector".
Con esta distinción, que recollerá no evento que acolle a capital de España dende este mércores e ata o domingo, Katuxa Platero contará cun espazo para expoñer a súa obra.
En canto á deseñadora, é técnico superior en Xoiaría Artística e completou a súa formación con distintos cursos de enfilado, talle e repuxado de metais.
As súas pezas, realizadas a man, poden adquirirse na súa tenda da compostelana Rúa dos Bautizados ou a través de Internet. Ademais, tamén é posible facerse con artigos por encarga, 'á carta'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.