A Ribeira Sacra en “Volando Voy” de Jesús Calleja

O programa de Cuatro gravado o pasado verán emite hoxe, unha semana antes do previsto, a entrega dedicada á Ribeira Sacra

Por GC Tendencias | Monforte de Lemos | 08/02/2017 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

Un dos golpes de efecto máis mediático do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra o pasado ano foi conseguir que a segunda tempada do programa “Volando Voy” lle dedicara un capítulo aos canóns do Sil, Miño e Cabe e á súa viticultura heroica. O paso de Jesús Calleja por estas terras o pasado verán xa tivo unha gran repercusión mediática, o reporteiro namorouse da súa paisaxe chegando a dicir: “¿Cómo es posible que no conociese un lugar como la Ribeira Sacra?

Jesús Calleja con Esther unha das protagonistas. Foto cedida CTRS
Jesús Calleja con Esther unha das protagonistas. Foto cedida CTRS

O programa combina as imaxes gravadas dende un helicóptero ou cun dron con entrevistas campechanas a xentes de diferentes profesións que viven na zona evidenciando deste xeito a influencia da paisaxe nas vidas dos seus poboadores.

Segundo nos conta Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo, no programa que veremos hoxe hai unha combinación perfecta de risas e emocións. O espectador rirá e chorará, pero en sempre expresando emocións positivas, as emocións que transmiten as xentes deste fermoso pero duro lugar.

Tamén lle preguntamos a Alexandra polo motivo do adianto na emisión deste capítulo e díxonos que foi para darlle un impulso á audiencia do programa. “Ao parecer confían no tirón da Ribeira Sacra e nas expectativas que se están creando dende a gravación do programa o pasado verán”.

“Volando Voy” dedicado á Ribeira Sacra tiña que emitirse o día 15 pero ao final emítese hoxe ás 22.40 h.

Canón do Sil
Canón do Sil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nostrus

Eu vin o programa e foi un bonito reportaxe