A banda Silk Road Ensemble, da que forma parte Cristina Pato, gañadora do Grammy ao mellor álbum de World Music

Silk Road Ensemble, banda á que pertence a artista ourensá Cristina Pato, resultou vencedora do premio Grammy ao mellor álbum de World Music polo seu traballo 'Sing me home'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2017 | Actualizada ás 17:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Silk Road Ensemble, banda á que pertence a artista ourensá Cristina Pato, resultou vencedora do premio Grammy ao mellor álbum de World Music polo seu traballo 'Sing me home'.

Deste xeito, a banda, integrada por numerosos artistas de todo o mundo e liderada polo chelista Yo-Yo Ma, faise de novo cun galardón que xa conseguiu no ano 2010 co álbum 'Songs of joy and peace'.

Na madrugada do luns, Los Ángeles acolleu a gala dos Premios Grammy 2017, nos que o último álbum de Silk Road Ensemble fíxose co galardón na categoría de 'World Music'.

Un disco no que se inclúe unha versión de 'Cabaliño', unha peza tradicional galega que foi gravada xunto aos músicos membros de 'Rústica', un proxecto no que participan, ademais de Pato, os galegos Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña.

O arranxo desta canción do folclore galego foi realizada por Anxo Pintos e ten como solistas a Yo-Yo Ma, o iraniano Kayhan Kalhor e Davide Salvado.

TABIÉN NOMEADO A MELLOR DOCUMENTAL

Ademais, este disco foi gravado paralelamente a 'The Music of Strangers: Yo-Yo Man and the Silk Road Ensemble', documental do director gañador dun Óscar e un Grammy Morgan Neville, que foi estreado en xuño e que narra a historia deste proxecto musical que aúna a música do cinco continentes.

Esta cinta tamén optaba a un Grammy na categoría de mellor filme musical, que finalmente recaeu en 'The Beatles: eight days a week the touring years'.

O documental centra unha das súas partes na figura de Cristina Pato e a música tradicional galega, na que exploran a cultura, tradición e evolución do folclore de Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta