Manifestación en defensa do lobo

Varios colectivos ecoloxistas galegos, entre eles Verdegaia e Equo, van participar na manifestación que terá lugar en Madrid en defensa do lobo. Está convocada para o domingo 12 de marzo de 2017 co lema “Lobo vivo lobo protexido xa!”. Lobo Marley, Ecologistas en Acción, Equou e o grupo dos verdes no Europarlamento son algúns dos colectivos que convocan.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/02/2017 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

“Esta especie emblemática séguese a desangrar, e a necesidade de reclamar a súa protección dende a rúa é máis urxente se cadra”, argumentan os organizadores. En Galicia estanse a autorizar batidas e, como denunciou este vídeo publicado por ADEGA, ás veces en zonas nas que os cazadores xa mataron exemplares.

Loba abatida nunha cacería en Cotobade
Loba abatida nunha cacería en Cotobade | Fonte: ADEGA

Verdegaia denuncia que “as autoridades fomentan auténticas campañas de exterminio, mentres o negocio da morte do lobo mantense para diversión dunha elite e para enriquecemento, a miúdo ilegal, dos tratantes da morte da fauna”.  

Na súa opinión, esta continua matanza impide que o lobo alcance un estado de conservación favorable (esixido pola normativa europea) na maior parte do territorio que se lle arrebatou, pero tamén impide o mantemento dun modelo de hábitat rural sostible e respectuoso co seu medio, e mesmo a extensión de novas alternativas económicas baseadas na posta en valor dese medio ambiente dende o punto de vista agrícola mais tamén no tocante ao turismo de natureza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta