Baiona suma distincións pola súa calidade turística

O concello estrea Oficina de Turismo e 26 establecementos da vila renovaron o seu compromiso de calidade turística coa distinción do Sicted.

Por GC Tendencias | Baiona | 17/02/2017 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O pasado mes de decembro, o Comité de Distinción do Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destino) concedeu a súa condecoración a 26 establecementos de Baiona contando na actualidade cun total de 41 distinguidos nun dos proxectos más ambiciosos del PICTE (Plan Integral de Calidade Turística Española), que proporciona un impulso da calidade do destino a nivel global.

Oficina de Turismo
Oficina de Turismo

A concelleira de Turismo, Beatriz González, valorou o esforzo e constancia das empresas locais adheridas ao Sicted pola súa implicación na mellora continua da calidade. “Lograr un destino singularizado pola calidade e o firme obxectivo de instaurar hábitos de funcionamento dentro da excelencia e a sustentabilidade é unha das prioridades do departamento”, apuntou Beatriz González.

Baiona xa foi designada o pasado mes de xaneiro de entre 202 candidatos como terceiro mellor destino turístico de España na convocatoria dos premios Sicted (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), galardóns que concedeu a Secretaría de Estado de Turismo na Feira Internacional de Turismo en Madrid (Fitur) a través de Turespaña.

Os diplomas e placas que a Secretaría de Estado Turismo envía serán entregados en próximas datas a todas as empresas e servizos distinguidos para que poidan ser exhibidos en cada un dos establecementos.

Inauguración nova Oficina de Turismo

Este venres, ás 12:00 horas, no Paseo da Ribeira procedeuse á inauguración oficial das novas instalacións da Oficina de Turismo que estará a pleno rendemento durante a Festa da Arribada. Ao acto asistiron o alcalde, Ángel Rodal; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a deputada de Emprego, Montse Magallanes, e a concelleira de Turismo de Baiona, Beatriz González.

Sicted Madrid
Sicted Madrid

Tags: #Fuxidas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta