Padrón celebrará o Día de Rosalía cun 'Caldo de Gloria' o 24 de febreiro

Todos os locais de hostalaría de Padrón (A Coruña) celebrarán o 24 de febreiro, Día de Rosalía, coa elaboración do 'Caldo de Gloria', inspirado no poema 'Miña casiña, miña lareira' da autora galega, no que explica como facer un caldo humilde.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 17:56 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Todos os locais de hostalaría de Padrón (A Coruña) celebrarán o 24 de febreiro, Día de Rosalía, coa elaboración do 'Caldo de Gloria', inspirado no poema 'Miña casiña, miña lareira' da autora galega, no que explica como facer un caldo humilde.

A Fundación Rosalía acolleu este venres a presentación desta iniciativa prevista para a data na que se cumpren 180 anos do nacemento do poeta.

Nos días previos a esta conmemoración, a Fundación participará en Braga na terceira Semana Cultural 'Convergências Portugal-Galiza' (21 de febreiro) e tamén na presentación en Rianxo do primeiro número de 'Follas Novas', a nova revista de estudos rosalianos.

O propio Día de Rosalía está programado unha homenaxe na estatua da autora na Alameda compostelá, que este ano cumpre 100 anos. Posteriormente terá lugar un acto no Hostal dos Reis Católicos, onde se bautizou Rosalía hai 180 anos.

CALDO DE GLORIA

Xa en Padrón terá lugar unha homenaxe na estatua de Rosalía no Espolón, con lectura de poemas por parte de escolares. A continuación, farase un percorrido polas rúas da localidade, onde se poderá degustar o 'Caldo de Gloria'.

Pola tarde, a partir das 19,00 horas, proxectarase a curtametraxe 'Unha muller que pasa-Silencio', de Paco Gallego e Xosé Bocixa, gañadora de Curtas para Rosalía 2016, e o grupo galego-belga de pantereteiras Ialma ofrecerá un concerto.

Tamén na casa de Rosalía poderá degustarse o 'Caldo de Gloria', que prepararán Benigno Campos e Merchi Rodal, os cociñeiros do programa da TVG 'Larpeiros'.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta