UU.AA. denuncia que a Xunta e Enesa impiden a explotacións prioritarias obter bonificacións nos seus seguros

Unións Agrarias (UU.AA.) denuncia que nos últimos días explotacións de toda Galicia recibiron notificacións nas que se indica que a Xunta, a requirimento da Empresa Nacional de Seguros Agrarios (Enesa), non achegou a documentación necesaria que acredite o seu carácter prioritario que outorga bonificacións nos seguros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) denuncia que nos últimos días explotacións de toda Galicia recibiron notificacións nas que se indica que a Xunta, a requirimento da Empresa Nacional de Seguros Agrarios (Enesa), non achegou a documentación necesaria que acredite o seu carácter prioritario que outorga bonificacións nos seguros.

Segundo sinala, "esta situación provoca que automaticamente a granxa perda as bonificacións na contratación de pólizas contra continxencias".

Así, o sindicato agrario pediu unha reunión de urxencia con responsables da Consellería de Medio Rural para que expliquen "como é posible que gran parte das explotacións gandeiras que teñen recoñecido o carácter de prioritaria", e por tanto con dereito a percibir unha subvención complementaria na contratación de seguros agrarios, "estean a ver como non se lle aplican os descontos establecidos pola normativa estatal de seguros agrarios".

Nun comunicado, sinala que este feito "só pode responder a un interese recadador de Enesa para cotizar á alza as pólizas", así como da Consellería de Medio Rural, posto que o gandeiro "terá que pagar unha taxa de 10 euros para facerse coa documentación que a Xunta tería que enviar de oficio".

Así mesmo, Unións Agrarias lembra que Galicia é unha das zonas de todo o Estado que menos pólizas de seguro subscribe pola constante caída de rendas no agro.

A isto únese que "ao longo destes anos moitos dos produtores afrontan estas calamidades climatolóxicas ou sinistros nas explotacións sen a cobertura adecuada dun seguro por falta de recursos para poder contratalo". Ademais, "os continuos recortes do Ministerio nas axudas a través de Enesa provocou a non renovación de pólizas de Agroseguro".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta