Els Joglars pecha este domingo na Coruña a súa xira por Galicia coa súa obra 'Zenit'

A compañía reflexiona con "humor" e "sátira" sobre o xornalismo

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2017 | Actualizada ás 06:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A compañía Els Joglars representará este domingo, no Teatro Colón, na Coruña, a obra 'Zenit, unha realidade á súa medida' na que ofrece con "humor" e "sátira" unha reflexión sobre a independencia dos medios de comunicación, a responsabilidade do lector e a necesidade dun xornalismo forte "imprescindible para a democracia".

Así o explicou a Europa Press unha das actrices deste espectáculo, Dolors Tuneu, quen destaca deste traballo da compañía a posta en escena dunha "obra visual" cun prólogo musical de case dez minutos.

"Tentamos pór en escena a ese xornalista que reivindica outro tipo de xornalismo", sinala. Ademais, remarca que se abordan cuestións como o papel das redes sociais e o uso que se fai das mesmas para transmitir noticias.

"Actualmente, as redes sociais multiplicaron a velocidade coma se calquera puidese crear unha noticia", engade. Ademais, precisa que a obra vai máis aló porque tamén trata "a responsabilidade compartida", en alusión a quen crea a noticia, pero tamén a quen a comparte.

"MARCA" ELS JOGLARS

"É un espectáculo marca Els Joglars", engade a actriz que comparte escenario con outro cinco compañeiros. Por outra banda, destaca a resposta do público nunha xira que comezou en Sevilla e que en Galicia incluíu, ademais da Coruña, as cidades de Vigo e Pontevedra.

Creada hai 55 anos, esta compañía aposta, en todas as súas obras, polo humor e a ironía como unha linguaxe co que dar canle a distintos aspectos da realidade humana. Nesta ocasión, centra a súa mirada no xornalismo, "que naceu da necesidade de transmitir información vital para a sociedade".

"E que se converteu nun negocio do entretemento, máis centrado en alcanzar cotas de mercado que na descrición obxectiva dos feitos", explica, pola súa banda, Els Joglars sobre a súa última proposta.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta