Rosalía de estrea: dous documentais e un musical sobre a súa obra

Este mércores a TVG estrea unha programación especial en honra de Rosalía de Castro. Cómpre lembrar que agora cúmprese o 180 aniversario do seu nacemento.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 22/02/2017 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Un dos platos fortes será a emisión este mércores  partir das 23.45 h, do documental "Cantares Gallegos", sobre a súa aclamada obra. No documental  Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, ou Catherine Davies, autora de “Rosalía de Castro no seu tempo” revisarán considerado o primeiro libro escrito integramente en galego tras os Séculos Escuros. 

Un prototipo do nome de Rosalía de Castro no avión da compañía Norgewian
Un prototipo do nome de Rosalía de Castro no avión da compañía Norgewian

De seguido chegará o programa musical “No bico un cantar”, que estará centrado no poema “Negra sombra”.  A obra estreouse en 1892 no Gran Teatro de la Habana con música de Xoán Montes e foi interpretada despois por  voces tan diversas como as de Luz Casal, Amancio Prada, Emilio Rúa, Xavier Díaz ou o grupo Astarot. 

O propio venres, día do nacemento de Rosalía, a Televisión de Galicia estreará o documental de media hora de duración “Rosalía, a musa do pobo”. Este traballo, realizado en exclusiva pola canle pública, fai un percorrido pola súa vida e traballo literario a través dos testemuños de importantes estudosos da obra rosaliana. 

O filme retratará á Rosalía feminista, reivindicativa, valente e pioneira, vista por escritores e profesores como Carmen Blanco, Pilar García Negro ou Xosé Ramón Barreiro Fernández. 

Hermanager - Viñeta de humor? - Rosalía
Hermanager - Viñeta de humor? - Rosalía
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta