A Xunta informa os usuarios do Porto de Celeiro-Viveiro sobre o proxecto de dragado do peirao

A Xunta de Galicia informou este xoves aos usuarios do porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro, do proxecto de dragado do peirao que se está tramitando.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2017 | Actualizada ás 19:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia informou este xoves aos usuarios do porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro, do proxecto de dragado do peirao que se está tramitando.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; o delegado territorial, José Manuel Balseiro, e o xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio, acompañados polos técnicos responsables do proxecto, mantiveron unha reunión coas entidades solicitantes desta actuación, que son a confraría de pescadores, Porto de Celeiro e Mariña Viveiro, a xestora do porto deportivo.

Nesta sesión informativa, os representantes de Portos de Galicia explicaron que a día de hoxe o ente público ten xa contratados os traballos de caracterización do material a dragar e de análise da xestión deste material, que permitirá determinar os seus posibles usos produtivos ou ben os puntos idóneos para a súa vertedura.

Así mesmo, puxéronse de manifesto os traballos previos que o ente público realizou desde que se formalizou a petición da obra. "Estes foron, fundamentalmente, a planificación das mostraxes, así como a de ámbitos e calados que se pretenden obter coa obra; e finalmente a batimetría do ámbito portuario para coñecer as dinámicas que seguen as correntes na zona, determinantes na acumulación do material", apuntou a Xunta.

Con anterioridade a esta reunión informativa, o presidente de Portos de Galicia reuniuse, tamén no porto de Celeiro, coa alcaldesa de Viveiro, para responder á súa solicitude de información sobre o estado de tramitación do proxecto de transvasamento de area na praia de Covas. Durán Hermida explicou que, finalmente, Portos de Galicia asumirá cústeo total das obras, orzadas en 110.000 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta