Morre un mozo de 34 anos en Redondela (Pontevedra) ao chocar a moto que conducía contra unha árbore nunha zona de monte

Un mozo de 34 anos faleceu na tarde deste sábado na localidade pontevedresa de Redondela tras chocar a moto que conducía contra unha árbore nunha zona de monte.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2017 | Actualizada ás 13:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un mozo de 34 anos faleceu na tarde deste sábado na localidade pontevedresa de Redondela tras chocar a moto que conducía contra unha árbore nunha zona de monte.

Segundo indicaron fontes coñecedoras do suceso a Europa Press, o accidente tivo lugar na parroquia de Reboreda, concretamente nun camiño forestal.

Sobre as 15,50 horas deste sábado, o mozo saíuse da vía coa súa moto e chocou contra unha árbore, perdendo a vida.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta