Investigan se os restos humanos achados en Parada de Sil (Ourense) pertencen a unha muller desaparecida en 2012

As análises determinarán se os restos pertencen a Matilde González, xa que nun dos calcetíns figura o seu nome

| 26/02/2017 | Actualizada ás 17:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga se os restos achados este domingo nunha zona montañosa do municipio ourensán de Parada de Sil pertencen a Matilde González Cid, desaparecida desde o ano 2012.

Os restos atópanse á espera de que sexan analizados para determinar a súa identidade, aínda que podería tratarse desta muller, que despareceu o 30 de novembro de 2012 da residencia xeriátrica Luces do Sil cando tiña 78 anos.

Fontes do Instituto Armado sinalaron que todo apunta a que os restos pertencen a esta persoa, xa que nun dos calcetíns atopados figura o nome de Matilde González.

Os restos foron achados na mañá deste domingo por un veciño que se atopaba paseando por unha zona montañosa do municipio ourensán de Parada de Sil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta