Feridas dúas persoas tras chocar dous turismos en Vigo

Unha colisión entre dous vehículos que circulaban pola Avenida de Gran Vía no mucipio de Vigo saldouse na noite do luns con dúas persoas feridas.

VIGO | 28/02/2017 | Actualizada ás 09:44 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha colisión entre dous vehículos que circulaban pola Avenida de Gran Vía no mucipio de Vigo saldouse na noite do luns con dúas persoas feridas.

Segundo informou o 112 Galicia, os dous feridos foron trasladados polos servizos sanitarios a un centro hospitalario tras o accidente rexistrado sobre as 21,50 horas do luns.

Foi a esa hora, cando un dos implicados indicou ao CAE 112 Galicia que se atopaba mal debido ao impacto. Por iso, pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local e Protección Civil. Os Bombeiros da cidade tamén foron informados o suceso.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta