PONTEVEDRA | 28/02/2017 | Actualizada ás 14:32 por EUROPA PRESS
En Marea esixirá á Xunta que arranxe de forma "urxente" as "graves deficiencias" que presenta o CEIP de Vilaxóan, en Pontevedra, e que "supoñen un importante risco para todas as persoas que usan ese centro".
Así o demandará o partido instrumental a través de varias iniciativas rexistradas na Cámara galega e despois de que a deputada Ánxeles Cuña reunísese en con representantes do ANPA do centro e cos edís de Somos Maioría e EU, que denunciaron a situación e trasladaron a súa preocupación polas condicións do colexio.
Entre as deficiencias "máis urxentes", En Marea destacou a necesidade de "cambiar a localización do depósito da calefacción" do centro, que se "atopa enterrada e preto da cociña" e que presenta, ademais, "un problema de filtracións co consecuente risco".
Ademais, tamén asegurou que o falso teito "está moi deteriorado" e considerou "imprescindible" a retirada do amianto que existe actualmente, así como reparar o "mal illamento térmico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.