SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2017 | Actualizada ás 17:39 por EUROPA PRESS
Os XII Premios á Calidade Lingüística para a promoción da lingua galega entre o alumnado serán entregados este mércores na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC).
Segundo informou a USC, a entrega celebrarase ás 12,00 horas nun acto presidido pola vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva.
Tamén está prevista a participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do decano da facultade anfitrioa, Francisco Durán; e do director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.
A convocatoria de premios, que conta co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, recoñece a calidade dos traballos académicos, fin de maestrado (TFM), de fin de grao (TFG) e proxectos de fin de carreira (PFC).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.