Temas: ARZúA FUXIDAS

Arzúa convida a “queixear” esta fin de semana

A 42ª edición da Festa do Queixo ofrece un amplo programa de actividades gastronómicas e un atractivo cartel musical no que destacan M-Clan, Mercedes Peón e Milladoiro.

Por GC Tendencias | Arzúa | 02/03/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Entre as novidades deste ano está a Master Class de cociña de Beatriz Sotelo, a única chef galega estrela Michelín co premio “Cocinero del año”, a presentación da escultura homenaxe á Queixeira feita de queixo a tamaño natural e o pregón de María Castro, actriz galega nominada este ano aos Mestre Mateo. O pregón servirá de inauguración oficial e terá lugar o sábado 4 ás 12 h. no campo da feira e baixo a carpa que acollerá tamén o Festival do Queixo pola noite.

María Castro
María Castro | Fonte: tandemtalent festa do queixo

Cheo total do recinto feiral cun total de 70 expositores que esgotaron os postos dispoñibles. Varias queixerías novas chegan de todas partes do Estado e varios premios World Cheese Awards, queixerías PLTs tradicionais todas co obrigatorio rexistro sanitario, e unha variedade de locais de alimentación especializada, de Galicia e de fora, con doce de algas, crema de mirabeis, pementón de la Vera ou moitos máis produtos gourmet.

O venres 3 destaca o 11º Concurso de tapas e petiscos “Festa do Queixo” nos establecementos de hostalería de Arzúa  e dous obradoiros, un deles de creación musical. Metidos de cabeza na fin de semana non faltará a música de rúa, obradoiros e xogos para os pequenos, obradoiros gastronómicos e dous días intensos de música con concertos de balde, por vez primeira baixo carpa. O sábado 4 ás 18.00 h. terá lugar o festival “Pequequeixo” pensado para os máis cativos e coa actuación de “A Gramola Gominola”. Pola noite, dende as 21.30 h. actuarán no Campo da Feira e por este orde: DelBosque, M-Clan, Fuel Fandango e o DJ Ale Costa para rematar a festa. Xa o domingo, dobre sesión musical tamén, pola mañá ás 12.00 h. festival Pequequeixo con “Paco Nogueiras, brinca vai” e pola tarde-noite no Festival do Queixo, Mercedes Peón e Milladoiro.

A presentación da escultura homenaxe á Queixeira será o sábado despois do pregón. A escultura está feita de queixo a tamaño natural, de case 500 kg de peso, unha peza única no mundo. Está elaborada pola Queixería Barral e feita nun molde de 2,10m feito en impresora 3D.

Ademais de todo o anterior pódese ver unha exposición de carteis presentados a concurso, o fotocol das vaquiñas para queixear, food trucks na zona do festival e cinema clásico.

Presentación programa da 42ª edición da Festa do Queixo
Presentación programa da 42ª edición da Festa do Queixo

O alcalde de Arzúa, José Luis García, afirma que o concello inviste máis que ningún outro na promoción do queixo e iso repercute en moitos sectores, non só no lácteo. A festa, consolidada no calendario anual galego, é un motor económico integral para a vila e a comarca. O mandatario local convida a tod@s a “queixear” en Arzúa, a gozar de todas as actividades e concertos da festa e pásalo ben con sentidiño, coidando sempre o contorno.

Mercedes Peón
Mercedes Peón | Fonte: alex-pl
Temas: ARZúA FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta