SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2017 | Actualizada ás 14:10 por EUROPA PRESS
Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a unha muller de 59 anos, nacida en Poio (Pontevedra) e domiciliada na cidade olívica, que supostamente tentou furtar unha peza de roupa nunha tenda do centro e propinoulle un tortazo e patadas ao vixiante de seguridade cando ía interceptala.
Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 18,30 horas do xoves, cando o garda de seguridade dunha tenda de roupa da rúa Príncipe informou de que tiña retida a unha muller que tentara subtraer unha peza.
No lugar, o vixiante comunicou á patrulla policial que estaba na porta de acceso cando saltou a alarma do arco de seguridade. Ao ver que unha señora pasaba por este cunha bolsa, achegouse a falar con ela, ao que esta reaccionou dándolle un tortazo e dúas patadas para tentar escapar.
No entanto, o home conseguiu suxeitala pola boneca e acompañouna a un anexo para revisar o contido da bolsa, na que atopou unha peza sen o recibo de compra. Por iso, os axentes identificaron á muller, á que lle instruíron dilixencias por un delito de furto con agresión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.