Temas: LUGO

Seis novos postos de traballo en Lugo

A Deputación de Lugo ofrece estes empregos en Láncara e O Vicedo.

Por GC Emprende | Lugo | 09/03/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Goberno da Deputación de Lugo acaba de impulsar a creación doutros 6 postos de traballo en 2 concellos da provincia a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo da Deputación dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Está aberta a solicitude dos 6 empregos que o Goberno  da Deputación ofrece en Láncara e O Vicedo. Máis información en www.deputacionugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.

Traballador do metal
Traballador do metal | Fonte: EP

- En Láncara, ofértase 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre, o prazo está aberto ata o 17 de marzo.

- No Vicedo, ofértase 1 peón de mantemento de servizos naturais e o prazo está aberto ata o 31 de marzo.

A estes novos empregos súmase a oferta no Concello de Pantón dun técnico informático que segue aberta ata o 13 de marzo. 

Con estes últimos empregos, son xa 198 os que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 55 municipios na provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que son 263 os postos de traballo que inclúe este plan polo que nas vindeiras semanas se xerarán outros 65 empregos.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta