A Xunta aumenta a axuda ao servizo de atención psicolóxica para nenos da Federación de Persoas Xordas

A Xunta aumenta un 65% respecto de 2016 a axuda ao servizo de atención psicolóxica e logopédica para nenos da coa Federación da Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) ata 11.265 euros.

A CORUÑA | 13/03/2017 | Actualizada ás 20:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta aumenta un 65% respecto de 2016 a axuda ao servizo de atención psicolóxica e logopédica para nenos da coa Federación da Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) ata 11.265 euros.

Visita de Rey  Varela á Faxpg
Visita de Rey Varela á Faxpg | Fonte: Europa Press

O conselleiro de Política Social, José Rey Varela, realizou este luns unha visita aos beneficiarios do servizo de atención psicolóxica e logopédica que a Xunta ten en marcha coa Faxpg.

O obxectivo deste proxecto é, segundo o departamento autonómico, lograr o equilibrio emocional e a aceptación da xordeira de familias de nenos e nenas xordas con próteses auditivas e implantados de cero a seis anos, "establecendo estratexias de interacción comunicativa plenas".

Antes deste encontro, o conselleiro mantivo unha reunión con representantes do Hogar Sor Eusebia cos que analizou o proxecto 'Micasita' cuxo obxectivo é expor unha solución arquitectónica que dea acubillo a persoas que viven na rúa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta