A CORUÑA | 16/03/2017 | Actualizada ás 17:41 por EUROPA PRESS
O grupo barcelonés 'Mambo Jambo' participarán na 31 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, segundo informa a organización sobre un evento que se celebrará do 8 ao 13 de agosto en máis de 15 escenarios, na Coruña.
Nun comunicado, avanza que a programación incluirá cinco novos directos dentro da súa programación, que se suman aos das cabezas do cartel xa anunciados para o 11 de agosto, na praia de Riazor, o grupo Kaiser Chiefs.
Nas propostas, alternarase o flamenco experimental do tándem Rosalía & Raül Refree co electro-tecno-pop futurista da banda Aviador Dro a presenza de New Yor Ska-Jazz Ensemble. Tamén participará a banda chinesa 'Rolling Bowling'.
Xunto a eles, estarán 'Mambo Jambo', dos que a organización asegura que "farán vibrar ao público son a súa mestura salvaxe de rock & roll, rhythm & blues, surf e swing". Este concerto será o único que ofrecerán en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.