Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2017 | Actualizada ás 13:24
Os accidentes relacionados cos ciclistas continúan en Galicia. Un vehículo atropelou na mañá deste sábado a dous ciclistas en Ponte Caldelas (Pontevedra), mentres que outro resultou ferido ao chocar contra unha parede en Muros (A Coruña).
Segundo informou o 112 Galicia, o primeiro accidente produciuse na estrada que une a localidade de Ponte Caldelas con Augas Santas, á altura de Laxoso de Abaixo.
A propia condutora que atropelou aos deportistas contactou co 112 Galicia ás 12,10 horas deste sábado. O persoal da central de emerxencias alertou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Morrazo e á Guardia Civil de Tráfico.
Ademais, outro ciclista resultou ferido na mañá deste sábado en Muros tras impactar contra unha parede na estrada de Noia, na zona de O Mariñeiro. Foi un particular o que informou do ocorrido ao 112 Galicia ás 12,00 horas deste sábado. Este pasou aviso a Urxencias Sanitarias, ao GES de Muros, á Policía Local e á Guardia Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.