A Xunta e a Cemma renovan o seu compromiso para a asistencia e recuperación de réptiles e mamíferos mariños varados

A Xunta de Galicia renova o compromiso acadado coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para a asistencia e recuperación deste grupo de animais que, con frecuencia, varan no litoral de Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2017 | Actualizada ás 18:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia renova o compromiso acadado coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para a asistencia e recuperación deste grupo de animais que, con frecuencia, varan no litoral de Galicia.

Segundo indicou o Goberno galego nun comunicado, a Consellería de Medio Ambiente destinará este ano 40.000 euros para avanzar coas accións que, de forma conxunta, viñan desenvolvendo para garantir o coidado e conservación dos réptiles e mamíferos mariños.

Así se puxo de manifesto no convenio de colaboración que a Xunta e a coordinadora renovaron recentemente.

En liñas xerais, o convenio propón actuacións centradas na comunicación e detección de episodios de varamientos de tartarugas e mamíferos mariños na costa galega, a prestación de coidados e primeiros auxilios aos exemplares vivos, así como o seu tratamento veterinario, hospitalización e alimentación.

Así mesmo, céntrase na identificación das causas da morte nos casos que proceda. E é que cabe destacar que moitos destes animais están incluídos na listaxe de especies en réxime de protección especial recollido no catálogo de especies ameazadas.

Precisamente, unha cría de lobo mariño á que se lle prestou asistencia en base a este convenio de colaboración entre Xunta e Cemma, Luceiro, iniciou este sábado o seu regreso ao mar tras un período de recuperación: primeiro no centro da coordinadora, en Nigrán (Pontevedra), e posteriormente no Instituto Galego de Estudos de Acuicultura, na Illa de Arousa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta