Temas: ENERXíA

A central térmica das Pontes, de revisión

Un total de 25 empresas contratistas intervirán na revisión do grupo 1 desta central. A pesar da revisión, o suministro de enerxía non se paralizará.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2017 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A Unidade de Produción Térmica (UPT) das Pontes (A Coruña) acomete a partir deste luns a revisión do seu grupo 1. Unhas tarefas que comprenderán a inspección "de todos os elementos sensibles do grupo", como caldeira e auxiliares, turbina e auxiliares, alternador e equipo eléctrico.

Central térmica das Pontes
Central térmica das Pontes | Fonte: Galipedia

Nestes traballos, que durarán uns 47 días, intervirán 25 empresas contratistas, entre as que se atopan compañías afincadas na comarca. Os labores de mantemento suporán un investimento de 8,1 millóns de euros, segundo informa Endesa.

O estado dos distintos elementos será revisado e parte das pezas serán sustituídas por outras novas, segundo engade a compañía, que explica que este tipo de revisións programadas realízanse en razón de alcanzar as 26.280 horas equivalentes de funcionamento desde a súa última inspección, segundo establece a lexislación vixente a través do Real Decreto 2060/2008 do Regulamento de Equipos a Presión.

Protocolo "estrito"

Mentres se leve a cabo a revisión, os grupos 2, 3 e 4 permanecerán en disposición de atender a demanda do mercado. "Endesa é moi estrita no mantemento proactivo como fórmula idónea para evitar avarías", segundo puntualizou.

Con iso, a central das Pontes, segundo subliña, "consegue un elevado índice de dispoñibilidade da instalación, o que mellora a súa posición no mercado".

Neste mesmo ano, a UPT das Pontes vivirá o inicio das obras de adaptación á Directiva de Emisións Industriais, para mellorar a eficiencia ambiental da instalación. A execución do proxecto prolongarase ata 2020 e requirirá un investimento superior aos 200 millóns de euros.

A central térmica conta con 1.400 megawatts de potencia instalada e ten asociada unha terminal portuaria en Ferrol pola que Endesa importou o pasado ano un catro millóns de toneladas de combustible. Entre emprego directo e de empresas contratistas e transportistas, sustenta de forma permanente máis de 600 postos de traballo, segundo lembra.

Temas: ENERXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta