Temas: TUI

Investigado un veciño de Tui por ter un museo de animais disecados na casa

Tiña 37 exemplares de aves silvestres e dous mamíferos. A Garda Civil impútalle un delito contra a flora e a fauna.

Por E.P. | VIGO | 22/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a un veciño de Tui (Pontevedra) como presunto autor dun delito contra a flora e a fauna, ao posuír ilegalmente case corenta animais disecados, que tiña almacenados nun anticuario nesta localidade.

Animais disecados intervidos en Tui
Animais disecados intervidos en Tui | Fonte: Europa Press

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación corre a cargo do Servizo de Protección da Natureza (Seprona), que a pasada semana realizou unha inspección nun establecemento de antigüidades de Tui e descubriu numerosos exemplares disecados de especies autóctonas e alóctonas, así como algunhas pezas de caza.

Os axentes localizaron 37 exemplares de aves silvestres e dous mamíferos, que foron intervidos por carecer das preceptivas autorizacións e certificacións que acreditase a súa legal tenencia e procedencia.

Entre os animais incautados hai especies catalogadas en perigo de extinción (aguia real), en réxime de protección especial (martín pescador, alcatraz) e de aproveitamento cinexénico (urraca, pavo real, cabra montesa)

O material intervido quedou en poder do seu propietario, pero coa condición de depósito a disposición da autoridade xudicial.

Temas: TUI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 André

Picapeixe, mascato, pega, peru... Em que idioma escrevides?