Temas: BNG ANA PONTóN

Pontón insta a “fuxir de toda autocompracencia e conformismo” no BNG

A portavoz do Bloque considera que Galicia "necesita un BNG unido e sólido" e asegura que o partido ten as "portas abertas" a todas aquelas persoas que "senten Galicia" e que queiran "un futuro mellor".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2017 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou á militancia do seu partido a "fuxir de toda autocompracencia e conformismo" porque considera que Galicia "necesita un BNG unido e sólido". "Non nos podemos permitir o luxo de fallar", subliñou no seu discurso no plenario da XVI Asemblea Nacional do BNG, que se celebra este sábado e domingo na Coruña, onde a organización frontista naceu hai 35 anos.

Asemblea Nacional do BNG, con Ana Pontón
Asemblea Nacional do BNG, con Ana Pontón | Fonte: Europa Press

No Palexco coruñés, e ante un gran número de militantes e simpatizantes, Ana Pontón comezou o seu discurso cuns versos do escritor Antón Aviles de Taramancos, a quen en 2003 se lle dedicou o Día da Letras Galegas: "Hai que romper de norte a sul Galiza, queimar as rozas dunha idade antiga e ver nascer o sol, mágoa fóra".

A continuación, a portavoz nacional do Bloque aproveitou para agradecer aos militantes o seu traballo: "Sen vós, nada disto sería posible", aseverou, xusto antes de dar a benvida ás persoas que se sumaron ao proxecto nacionalista. E é que desde a pasada asemblea, o Bloque tivo 400 novas afiliacións, así como a integración da Fronte Obreira Galega (FOGA).

Nesta liña, sinalou que o BNG se atopa nun momento de "agrandar a base social do nacionalismo", polo que fixo fincapé en que o seu partido ten as "portas abertas" a todas aquelas persoas que "senten Galicia" e que pensan que a cidadanía galega merece "un futuro mellor". Un futuro, defendeu, que "deixe atrás a corrupción e os recortes de dereitos".

"Non hai que ter medo a tomar as nosas propias decisións", pois ese é o camiño para "avanzar e modernizar" Galicia, dixo Pontón.

"Construír un futuro mellor non só é posible, senón urxente e necesario. (...) Depende de todos nós", destacou Ana Pontón, quen asegurou que "non hai que ter medo a tomar as nosas propias decisións", pois ese é o camiño, avisou, para "avanzar e modernizar" Galicia.

OBXECTIVO DA ASEMBLEA

O obxectivo desta XVI Asemblea Nacional é "pór a punto o Bloque" e "sementar a confianza neste proxecto", que naceu da semente, engadiu, do Partido Galeguista. Neste sentido, lembrou a Ricardo Carvalho Calero, quen participou na creación do Partido Galeguista, cando se cumpren 27 anos da súa morte.

Así mesmo, a portavoz nacional puxo como exemplo a xestión do BNG nos concellos nos que goberna: Pontevedra, Allariz, Carballo, etc. Este feito provocou os aplausos dos asistentes á XVI Asemblea Nacional, que comezaron a gritar: "BNG, BNG!".

Tras destacar a xestión do Bloque nos municipios nos que goberna, instou aos militantes do seu partido a "fuxir de toda autocompracencia e conformismo" porque Galicia, subliñou, "necesita un BNG unido e sólido".

"Somos unha organización asemblearia; a máis democrática do Estado español", expresou a portavoz do BNG.

Neste sentido, Ana Pontón referiuse ao 'Proceso Adiante', o cal serviu, relatou, para que os militantes debatesen durante este último ano. "E dese debate nacen as teses que se debaten nesta asemblea", precisou, xusto antes de facer fincapé en que o que non cambiou o BNG é que son nacionalistas e asemblearios: "Somos unha organización asemblearia; a máis democrática do Estado español".

"GALICIA É UNHA NACIÓN"

"Quen decide é a militancia e así ten que seguir sendo. A militancia é quen máis ordena no BNG", resolveu, xusto antes de facer fincapé en que o Bloque necesita facer do "diálogo" e da "unidade" a súa "carta de presentación" ante a cidadanía. "Soldar a unión de todos os galegos que pensamos que Galicia é unha nación. Galicia necesita máis que nunca ao nacionalismo e non nos podemos permitir o luxo de fallar", resolveu.

No seu discurso, Ana Pontón tamén cargou contra o PP por "sementar a discordia", "destruír dereitos" e "atacar" a lingua e a cultura galegas. Ante iso, asegurou que o seu partido é o "motor" para recuperar todos os dereitos perdidos: "Temos que pór en marcha unha cicloxénese afectiva que poña a Galicia no debate e que recupere o orgullo de ser desta terra".

A portavoz nacional do BNG tamén se referiu aos mozos e, para iso, narrou a súa visita a un instituto de Vilalba (Lugo). Alí, explicou, cando lle preguntou aos alumnos como vían o futuro, estes contestáronlle que "mal". "Pensaban que o seu futuro estaba fóra da nosa terra e acordeime dos eslóganes de Feijóo que din que Galicia vai na boa dirección", lamentou Ana Pontón, quen destacou a "obriga" de "deixar unha Galicia mellor" ás novas xeracións.

Neste sentido, considera que o BNG é unha "proposta ampla e beneficiosa para as maiorías sociais" de Galicia. Por iso, apostou por "construír un tempo novo con orgullo, humildade e autocrítica". "Moita xente pequena desde lugares pequenos pode cambiar o mundo. Viva o Bloque, viva Galiza ceive!", proclamou.

Os 120.000 apoios das autonómicas serviron de "estímulo para consolidar a recuperación política e electoral do nacionalismo".

AGASALLO A JORQUERA E INFORME DO CONSELLO NACIONAL

Ao acabar a súa intervención, Ana Pontón entregoulle un emotivo agasallo ao ex-portavoz parlamentario Francisco Jorquera: unha figura da escritora galega Rosalía de Castro.

A continuación, o secretario de Organización, Bieito Lobeira, presentou o informe do Consello Nacional. Este informe lembra o camiño andado polo BNG desde a súa XV Asemblea Nacional celebrada en febreiro de 2016.

Así, tras lembrar que as eleccións xerais de xuño do ano pasado certificaron as "peores previsións", con só 44.902 votos obtidos, o informe sinala que os 120.000 apoios das autonómicas serviron de "estímulo para consolidar a recuperación política e electoral do nacionalismo".

Precisamente, tras estes comicios autonómicos, o Consello Nacional destaca no seu informe que se produciu "un importante incremento das persoas afiliadas". Neste sentido, sinala que, desde a pasada cita asamblear, tivo 400 novas afiliacións, así como a integración da Fronte Obreira Galega (FOGA).

Ademais, entre outras cuestións, o máximo órgano de decisión entre asembleas dá conta da situación financeira da formación. Así, explica que dos 4,2 millóns de euros que debía en 2013 pasará a terminar o ano 2017 cunha débeda inferior ao millón de euros.

Ao comezar o acto votouse o regulamento da Asemblea, que foi aprobado con 478 votos a favor, dous en contra e seis abstencións. Tamén foron presentadas tres emendas: a primeira do Condado, a segunda de Pontevedra e a terceira da Emigración —esta última foi retirada—. As outras dúas non saíron adiante.

O BNG deixa clara a súa vontade de "ser a forza unitaria" do nacionalismo galego, aberta a "novas incorporacións colectivas e individuais". 

XORNADA DO DOMINGO

Xa na xornada deste domingo a militancia esta convidada a debater os documentos coas teses políticas, principios organizativos e regulamento. En concreto, no seu relatorio político, o BNG deixa clara a súa vontade de "ser a forza unitaria" do nacionalismo galego para o que se define como un movemento sociopolítico "aberto" e "capaz de integrar" e incide en que debe "esforzarse" para que isto sexa así percibido pola sociedade.

Neste sentido, ábrese a "novas incorporacións colectivas e individuais" e subliña a súa disposición de chegar a "acordos electorais con forzas e colectivos de ámbito galego, baixo a premisa o respecto do principio de auto-organización".

Para iso, márcase como folla de ruta elaborar un plan de traballo denominado 'Estratexia Avanza Galicia' para o período 2017-2022, que estableza o rumbo para o "avance e a consolidación política, social e institucional do nacionalismo galego nos próximos anos á marxe das conxunturas electorais".

Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

11 mostruos

A unidade de Expaña é sagrada. Por iso debe ficar só nos templos e museos.

10 Medindo votos

Votacións a candidaturas en Amio, fai 5 anos: APU 2.164 + NPC 2.026+ MGS 248.En total 4.438 votos. Votacións hoxe: Candidatura única 1.112.Ou sexa a cuarta parte dos votos a candidaturas da XIII Asemblea, e só a metade dos votos da candidatura maioritaria de Amio.

1 O Freire

Clarificador, so os interesados no negocio o poden disfrazar. O BNG escolleu unha via que leva a extincion. E, para os sensibles que serven e/ou se benefician do negocio, a experiencia dinos que as Mareas entregadas a Podemos non resolven. Ou refacemos a politica desde Galiza e para os galegos, ou deixamos que catro aproveitados decidan por nos. Aqui e agora, o que hai non serve para as maiorias.

9 Vistalegre III Reich

Somos bós e xenerosos, ainda que academos a independencia podedes quedar cos Rajoles e Frijoles.

8 nostrus

A los nacionalistas por conviccion quisiera decirles que cuestionaran si el bloque le conviene a Galicia. Que piensen que el bloque solo es una secta que tiene por objeto que los gallegos se comporten como ellos predican y que conviertan su vida en un engranaje destinado a que Galicia sea como ellos han diseñado, olvidandose de que la imagen de Galicia es la que aporta voluntariamente el conjunto del pueblo, que la identidad evoluciona generacionalmente y que tan gallego es el rio Miño como el Sil, aunque este se origina fuera de Galicia y tanto ayuda a conformar la identidad gallega el lacon con grelos, como la muiñeira, el caciquismo o rezarle a Castelao, porque Galicia somos todos y el pueblo gallego somos todos. A los nacionalistas fanatizados, los juramentados o nacionalistas por genética hay que darlos por perdidos porque estan condenados a ser nacionalistas toda su pta vida.

1 Kollontai luguesa

Nostrus, aplica o dito ao teu nacionalismo e deixa de dar leccións. Non sabes o aburrido que te fas ás veces cos teus sermóns. Le, culturízate ho. Coma podes escribir o que escribes cando Castelao, por exemplo, adoraba a Ramón María del Valle-Inclán ao que se refire no seu discurso "Alba de gloria" coma don Ramón. Ti es o único que tes unha mirada reducinosta de Galicia. O cerne fundamental do nacionalismo galego, a diferenza doutros, é o liberalismo.

2 Kollontai luguesa

E inda que só fose por decencia humana todos deberiamos respetar a un home coma Bóveda quen pouco antes de morrer escribiu: "Non sei si fixen ben ou mal en procurar que me axudases con proveito. En calquera caso foi con desexo do teu ben. Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname. Sé agora máis home que endexamais porque é cando máis o precisas, polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sin que puidéramos esperalo, vas ser un pouco pai. Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e podas ainda facer." Por certo, por que non atacas ás Mareas coma ao bloque? Curioso, curioso... Ou ben que todos os populistas vos parecedes no fondo.

3 nostrus

Kollontai luguesa. Claro, tamen Castelao usou tanto ou mais o castelan co galego e sin embargo renega del..¿a santo de que?. Castelao era un gran renegao, galego eso si, e fascista que dicia lindezas tales como "si somos galegos é gracias a lingua", ¿acaso os galegos que non teñen o galego como sua lingua non son galegos?, para que vexa que Castelao foi un aprendiz de fascista que si acadara o poder que tivo Franco non sería mello ca él. Castelao é a faciana que demostra que o nacionalismo pretende construir a identidade galega dende arriba, mediante diseño e enxeñeria social. O nacionalismo é fascismo en estado embrionario igual como era o nazismo alá polos anos vinte. Pensao ben, fala galego canto queiras e che apeteza, pero non te consideres na obriga de convertir a tua vida nun engranaxe da cultura porque sintas o calor dos que cairon na trampa do nacionalismo e pensa por ti. Ao mellor abrrídesvos conmigo, pero eu pasoo moi ben con vos.

4 nostrus

Kollontai luguesa. Politicamente me situo simpatizante de C´s y UPyD, a medio camino entre PP y PSOE y por eso tambien critico las mareas por su populismo barato y demagogia. Considero al PSOE en partido con conciencia nacional pero con el pecado de tratar de enamorar al electorado nacionalista poniéndose la careta de nacionalista y al PP como enormente hipocrita al hacer casi lo mismo. Creo en la unidad de España, pero solo mientras los españoles lo quieran asi, defiendo la identidad, la diversidad, el mestizaje, el bilingüismo y la libertad individual y lucho contra los nacionalismos de cualquier ámbito.

5 Lorelai

Kollontai luguesa. Non sei se é compatible querer unha lingua e condenala á dialectalización, como fas ti. Non hai ningunha lingua no mundo que non se basee nunha normativa de cara á súa supervivencia. O teu argumento parece máis propio de Feijoo ou de Gloria Lago.

7 Nexus 6

Y dale con el puño arriba; seguro que cantando o hino jallejo. Entre lo de comunistas y nazionalistas....¡¡¡Arriba el Puño!!! Así les va.