O vigués xulgado polas súas mensaxes en Twitter di que pediu a liberdade dun Grapo por “motivos humanitarios”

A fiscal eleva a definitiva a súa petición de dous anos e medio de prisión e unha multa de 14 meses cunha cota diaria de seis euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2017 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O mozo que foi xulgado este luns na Audiencia Nacional por publicar mensaxes en Twitter enxalzando a terroristas declarou que pediu a liberdade de Manuel Pérez Martínez, un dos dirixentes do GRAPO, por "motivos humanitarios". Así se defendeu o acusado, Rubén González González, veciño de Vigo, ao ser preguntado pola súa avogada por un chío de xullo de 2015 no que publicou unha imaxe deste membro do GRAPO e comentando "es comunista, no terrorista". "Libertad Arenas", engadiu despois utilizando o alias de Pérez Martínez, 'camarada Arenas'.

Twitter.
Twitter.

O mozo manifestou durante o xuízo, no que só contestou as preguntas da súa defensa, que "a lexislación di que unha persoa en avanzada idade e en mal estado de saúde" pode ser posta en liberdade "por motivos humanitarios", razón pola cal asegurou que pediu a do Grapo.

Ademais do citado chío, González publicou outros comentarios entre xullo de 2015 e xaneiro de 2016 cos que, segundo a Fiscalía, tiña a "clara finalidade de enxalzar, xustificar e difundir publicamente a persoas e actos terroristas relacionados coas organizacións GRAPO e ETA". O Ministerio Público, por tanto, elevou a definitiva a súa petición de dous anos e medio de prisión.

MÁIS DE 29.000 SEGUIDORES EN TWITTER

Nun chío de setembro de 2015, o acusado, que conta con máis de 29.000 seguidores na rede social, escribiu que "los únicos que se levantaron frente a la impunidad del estado fascista y dieron justa respuesta a esos fusilamientos fueron del GRAPO".

Neste sentido, defendeuse indicando que se refería aos "últimos fusilamentos do franquismo", os cales foron condenados "en toda Europa", e que só se limitou a "narrar un feito histórico", que é que estes fusilamentos foron contestados cunha acción por parte do GRAPO.

En canto ao tuit de xaneiro de 2016 no que afirmou que "los derechos de los trabajadores no se obtienen en el Parlamento, se conquistan luchando en la calle", González explicou que se trataba dunha mera opinión e que facía alusión a "mobilizacións, folgas ou manifestacións".

CITA DE PABLO HASÉL

O acusado tamén publicou unha foto en Twitter na que aparecían persoas armadas e encapuchadas realizando actos de violencia nas rúas ou 'kale borroka', sobre a que comentou: "La riqueza de los pobres es oponer resistencia, ser la pesadilla del burgués que nos desprecia".

González sinalou que se trata dunha cita do rapeiro Pablo Hasél, condenado por enaltecemento do terrorismo polo contido das súas letras e que a foto lle serviu para retratar a frase.

A pesar de todas estas xustificacións, a Fiscalía da Audiencia Nacional considera que todos estes comentarios que o mozo puxo en Twitter constitúen un delito de enaltecemento do terrorismo e por iso mantivo a súa petición inicial de dous anos e medio de cárcere e unha multa de 14 meses cunha cota diaria de seis euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Abelardo X del Caño Varela

Manda carallo! ainda queda xente que pensa co "Tribunal de Orden Público" desapareceu??? mudou o nome e punto!!!! pero segue a mesma filosofía falanxista dende o 39!!!!......como avogado non comparto o entusiasmo do autor do comentario pola liberdade dun condenado x terrorismo, pero si é certo ca lexislación española cara a galería dí unha cousa e a realidade dí outro ben distinta. Un sinxelo desexo humanitario en mans dun funcionario (xeralmente un fiscal) con anceios por medrar e poñerse medallas poden culminar neste "democrático" estado cunha condena x calquer cousa.....Mesmo podenche acusarte dun delito de odio se expresas ceibemente ca morte de Calígula foi a dun dictador.....En realidade era o Emperador!!!!! e polo tanto a sua morte foi terrorismo!!!!

1 Gamela

Dá noxo vivir nun país no que se pide cárcel por un chío mentres os políticos da chamada esquerda viven coma sátrapas das Institucións do Estado ! http://gamela00.blogspot.com.es/201... Deberamos analisar a que intereses serven certas Redes Sociais!