Un libro para combater as "mentiras" sobre o galego

O mundo da cultura e da ensinanza mobilizarase este venres en máis de 60 localidades de todo o mundo para presentar un libro que pretende "desmontar unha a unha as mentiras" con respecto a lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/02/2010 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

'55 mentiras sobre a lingua galega' é un volume impulsado pola plataforma Prolingua e coordinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas e pretende axudar aos galegos a "comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas" que circulan en torno á aprendizaxe do galego.

Numerosos escritores, académicos, profesores, xornalistas e xente do mundo da cultura participarán na presentación simultanea deste libro que se fará en diversas localidades de Galicia, España e do resto do mundo. Así, en Galicia acollerán este evento concellos como A Coruña, Cangas, Celanova, O Grove, Padron, Lugo, Ferrol, Pontevedra, Ribadeo, Verín, Vigo, Vilagarcía, e Allariz, entre moitas outros. No Estado español; Barcelona, Ponferrada, Guispúzcoa, Extremadura e Madrid, entre outras cidade e no resto do mundo o libro será presentado en: Palestina, Bruxelas, Dinamarca, Portugal, Londres, Estados Unidos, Madrid, Nova York, París, Saraievo, Alemaña.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 AUSTERIDÁ

Manoliño, se queres ver subvencións vai ver o que chupa un colexio do OPUS ou protesta polos 100000 (sí, cen mil) da charlotada de David Meca, ou o que trinca o tal Miranda metendo gastos de kilometraxe, anda.

5 Manolito

manolo, pois non tal subvención, non home non. O que é hai son cartos dos petos dos membros de ProLingua e unha tiraxe de 6000 exemplares que xa debe estar para acabarese en apenas unha semana. Onde vendéronse todos os libros que se levaron ás presentacións e mesmo non chegaron, iso polo menos na que eu estiven e nas que me comentaron amigos que foron a outras vilas. ProLingua non creo que queira cartos públicos, como GB, que xa chupou uns cantos millóns de pesetas dos de antes.

4 Manolo

¿Han chupado alguna subvención para hace el libro?

3 un calquera

Feijoo fixo seus todos os prexuízos contra o galego para gañar votos. O galego non ten prestixio, pois logo ir contra del dá votos, esa é a súa reflexión. Polo tanto as mentiras son creadas pola sociedade, mais a cabeza visible que as extende actualmente é Feijoo. Nada menos que o presidente da Xunta. Pois logo o titular é acertadísimo. Dicir que está en contra da inmersión, él que foi vicepresidente con Fraga onde a inmersión linguística en castelán era como mínimo dun 70% é ter os collós coma a catedral de Santiago.

2 roi

Non son só as mentiras de Feijóo, o titular non é apropiado. O libro combate todos os tópicos sobre o idioma e mentiras arraigadas desde hai moito tempo.