Un libro para combater as "mentiras" sobre o galego

O mundo da cultura e da ensinanza mobilizarase este venres en máis de 60 localidades de todo o mundo para presentar un libro que pretende "desmontar unha a unha as mentiras" con respecto a lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/02/2010 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

'55 mentiras sobre a lingua galega' é un volume impulsado pola plataforma Prolingua e coordinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas e pretende axudar aos galegos a "comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas" que circulan en torno á aprendizaxe do galego.

Numerosos escritores, académicos, profesores, xornalistas e xente do mundo da cultura participarán na presentación simultanea deste libro que se fará en diversas localidades de Galicia, España e do resto do mundo. Así, en Galicia acollerán este evento concellos como A Coruña, Cangas, Celanova, O Grove, Padron, Lugo, Ferrol, Pontevedra, Ribadeo, Verín, Vigo, Vilagarcía, e Allariz, entre moitas outros. No Estado español; Barcelona, Ponferrada, Guispúzcoa, Extremadura e Madrid, entre outras cidade e no resto do mundo o libro será presentado en: Palestina, Bruxelas, Dinamarca, Portugal, Londres, Estados Unidos, Madrid, Nova York, París, Saraievo, Alemaña.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Sandro

Todos a difundir o libro. QUE SE SAIBAN AS MENTIRAS DE FEIJÓO