O alcalde de Amoeiro, elixido portavoz da plataforma de apoio a Susana Díaz en Ourense para as primarias do PSOE

O alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino, foi elixido portavoz da plataforma 'Ourense con Susana' (OcS), de apoio á presidenta andaluza na súa carreira cara ás primarias do PSOE.

OURENSE | 28/03/2017 | Actualizada ás 18:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino, foi elixido portavoz da plataforma 'Ourense con Susana' (OcS), de apoio á presidenta andaluza na súa carreira cara ás primarias do PSOE.

Diso informou a través dun comunicado de prensa a recentemente creada plataforma para difundir na provincia de Ourense o programa co que Susana Díaz pretende liderar o partido.

En paralelo á elección do rexedor de Amoeiro como representante provincial de OcS, o militante de base Óscar Pérez Carral foi nomeado portavoz na cidade de Ourense.

No mesmo comunicado, os socialistas ourensáns que apoian a Díaz avanzaron "unha intensa campaña" enfocada a "devolver ao PSOE á posición pública que lle corresponde, na esquerda de España".

"Temos claro que o presente e o futuro do socialismo escríbese en feminino", salientaron, á vez que erixiron á andaluza en "evidente exemplo de vitorias electorais e triunfos sociais".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta