Temas: EUCALIPTO

Avanza a creación dunha gran plataforma contra o eucalipto en Galicia

A Asemblea contra a eucaliptación de Santiago e contorna acorda asociarse con outras iniciativas similares para poñer couto a esta especie.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/03/2017 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A Asemblea contra a Eucaliptización de Santiago e contorna, celebrada esta fin de semana, acordou impulsar accións comúns con outras plataformas do país cos mesmos obxectivos, en concreto coa iniciativa Cousa de Raíces, para establecer sinerxías na loita contra esta especie foránea.

Avance do eucalipto fronte ás carballeiras
Avance do eucalipto fronte ás carballeiras | Fonte: Adega

Nese encontro tamén se acordou avanzar na concreción dun marco normativo “que dea cobertura as alternativas existentes ao desenvolvementos do monte imperante” e reclamar “cambios oportunos”. tanto a administración autonómica como as administracións locais. 

Ademais, acordouse crear un grupo de traballo para a coordinación e impulso de dita axenda de actividade. Desta asemblea forman parte Erva,  Adega,  Colectivo A Rula,  A Gentalha do Pichel e Federación Rural Galega.

Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 aminona

Eu o que non entendo é que institucións como as facultades universitarias non se impliquen na defensa do noso monte. Abaixo o mal,abaixo o capital, as prácticas liberais,mercantilistas sen escrúpulos.VIVA a Biodiversidade!

4 Batista

Fuera los eucaliptos de ríos,prados,fragas y del Interior de Galicia,perdemos el rumbo de nuestro futuro,solo tiene que estar permitido en sitios concretos ,no todo vale,el nitens para colmo no da la celulosa del globulus,la avaricia nos va comer por dentro,los que hacen daño ala tierra lo pagarán,la tierra no es una herencia de nuestros padres ,es un préstamo de nuestros hijos

3 Arturo

A solución pasa por prohibir a plantación de eucaliptos en zonas sensibles. Non hai outra forma de parar a marea dos eucaliptos, porque a moita xente a ecoloxía lle importa un pimento. Antes a peste dos eucaliptos respetaba o interior de Galicia: agora estase espallando por todas partes. E infantil pensar que se pode repercutir nos galegos que plantan eucaliptos algún coste: a única solución e determinar zonas nas que se prohíban.

2 autoctono

Débese traballar en dous campos. Primerio evitar que ENCE marque a política forestal, e despois no campo económico. No momento que as especies autóctonas produzan mais beneficos económicos aos propietarios que o eucalipto, entran en solución a maioría dos problemas: incendios, deforestación, invasoras, despoboamento, abandono.... A pregunta é como conseguir valor económico a curto prazo, e é ahí onde se debe incidir.

1 Moinante

Por todos é sabido que o eucalipto é umha espécie pirófila, quem os planta fai-no para os vender e ganhar dinheiro. Pois que assumam os custos do seu negocio, que paguem a política contra-incendios; se a pagamos os urbanistas, estamos subvencionando com os nossos impostos o seu negocio e umha matéria prima subvencionada para as celulosas. E si isto é assi também temos que reduzir custos, teremos que participar e dizer que árvores deve-se plantar para isso assumimos o seu custo. Quanto os donos das eucalipteiras tenham que pagar a política contra-incendios, asseguro-vos que deixam de os plantar.

1 Óscar

Pq donde se planta eucalipto de forma ordenada non existen incendios? Menuda tontería especie pirofila

2 Don Pimpón

@Óscar: https://es.wikipedia.org/wiki/Plant... (Lamentablemente non hai tradución ao galego) Na BBC Chile: http://www.bbc.com/mundo/noticias-3... outros: http://www.ecologistasenaccion.es/a... . Pero claro, Óscar, todos son tontos que din tonterías...