Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/02/2010 | Actualizada ás 18:25
O Museo do Pobo Galego acolle a exposición 'Ao pé do Lar: as cociñas da xente', unha mostra que recolle dous mil anos de historia gastronómica de Galicia cun programa diverso de actividades gastronómicas e espectáculos. Así, ademais de coñecer como eran as cociñas dos nosos devanceiros, poderás disfrutar de pratos históricos que ofrecerán seis restaurantes da capital galega. E polas noites, no propio museo, os mellores contacontos galegos relatarán a través de contos a historia da nosa cociña.
A exposición, impulsada por Manuel Gago e Soledad Felloza, conta con fotografías de gran formato, recreacións 3D, infografías, paneis interactivos e audiovisuais que levarán ao visitante pola evolución histórica da gastronomía galega, desde a Idade do Ferro ata a modernidade e ao longo de toda Galicia.
Ao pé do lar: As cociñas da xente from Exposición Ao pé do lar on Vimeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.