Por Manuel Vilas | Ordes | 30/03/2017 | Actualizada ás 11:55
A Asociación Mesía Unida denuncia “o apagamento informativo con que o alcalde Mariano Iglesias leva este tema, precipitándose a certificar o concello e non facer unha exposición pública do proxecto para informar os veciños”. O grupo alega que o mandatario do PPdeG ocultou os plans de Erimsa logrando así que os veciños poideran presentar alegacións.
O colectivo reaccionou colgando na súa web os planos do proxecto para extraer cuarzo. Ademais, reclaman que o Concello expoña oficialmente a información da posíbel industria durante quince días, para que os veciños que queiran poidan presentar alegacións. Denuncian tamén que non puideron acceder a moita documentación vital para saber o que se lles ven encima: os informes de Augas de Galicia e o de Medioambiente, entre outros.
Emrisa leva anos traballando na comarca, “non sempre ben”, advirten dende Mesía Unida. Segundo informa Campo Galego, o portal que sigue polo miúdo a actualidade do sector agrogandeiro, o Sindicato Labrego Galego lembra que esta empresa era a que promoveu unha mina de cuarzo similar na Terra Cha, proxecto que parou a Xustiza. O SLG convonca unha reunión informativa o próximo martes as 22:30 horas.
Emrisa é unha filial no país da compañía Elkem AS de Noruega, integrada na multinacional china Blue Star. Di ter centros de producción en Begonte (Lugo), Frades (A Coruña), Castillo (Pontevedra) e Bóveda del Río Almar (Salamanca) e dar emprego directo a máis de 230 persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.