SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2017 | Actualizada ás 12:19 por EUROPA PRESS
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, manifestou este venres que aspira a "poder chegar ao dobre" das 800 prazas propostas para a OPE 2017 do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
"En principio a proposta de OPE 2017 é de 800 prazas, pero podemos tentar ampliar", manifestou o titular de Sanidade no marco da quenda de preguntas do 'Fórum Europa. Tribuna Galicia' no que interveu este venres en Santiago.
"Ese acordo de onte (xoves) pola estabilización imos tentar superar as 800 prazas inicialmente pensadas e poder chegar ao dobre se é posible", recalcou en resposta a unha das numerosas preguntas que lle expuxeron.
"Imos tentalo e esa é a nosa intención", sentenciou Vázquez Almuíña despois de que a Consellería de Sanidade manifestase o xoves que a OPE de 2017, "sempre que a normativa básica estatal o permita, poderá alcanzar as 1.600 prazas na sanidade pública".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.