A encrucillada de Fraga

O presidente galego, un dos primeiros -senon o primeiro- en demandar a celebración dunha Conferencia de Presidentes non deixou de felicitar a Zapatero cando soubo que ía poñer en marcha esta iniciativa, da que él se di pioneiro.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/10/2004 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Pero don Manuel acude a cita dos presidentes autonómicos un pouco presionado polo seu partido que ten coma obxectivo o boicot a Zapatero. A dirección popular en Xénova xa deu órdes aos seus de dar batalla pero o presidente fundador non está moi pola labor.

Así, que fiel aos seus principios tentou convencer a Madrid de que él non vai traicionar o que considera una iniciativa súa. Os telefonos botaron fume en San Caetano durante toda a mañán e, finalmente, don Manuel reservase o dereito a ir pola súa conta. Así, que pode ser o único presidente popular que vai respaldal, aínda que coa boca pequena, a Conferencia de Presidente.

Sen embargo, deu a palabra que algo de guerra ía dar, sobre todo pola mala organización da xuntanza. Pero iso é unha tarefa que prefire deixarlle primero aos seus escudeiros para logo rematala él.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta