A CORUÑA | 06/04/2017 | Actualizada ás 19:33 por EUROPA PRESS
O grupo Sensacional actuará este venres na Coruña, na sala Mardi Gras, dentro do ciclo SON Estrella Galicia tras a xira de presentación do primeiro disco e o paso da banda por festivais como Portamérica ou o Noroeste Estrella Galicia, segundo informa a organización.
Sensacional ten novo traballo 'Desde o Limbo', "un paso máis en canto a son, cor e matices". "Dez cortes nos que se consentiu cada pequeno detalle, plasmando o mellor en cada un deles", engade.
Sensacional é un grupo de pop-rock alternativo formado por Ricardo Saavedra (voz, guitarra e sintes), Ramón Alonso (guitarra e coros), Javier Garrido (baixo) e Juan Zurdo (batería e coros).
A banda formouse na Coruña no inverno de 2013. Tras o seu paso como guitarrista en diversas bandas como Deluxe o Meu, Ricardo, decidiu comezar outra etapa "e dar forma a novos temas sobre os que leva algún tempo traballando, ocupándose tamén da voz neste proxecto", engaden os promotores do concerto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.