Temas: BIBLIOTECAS

Poden os directores de bibliotecas ser funcionarios con praza?

BAMAD-Galicia pide a volta ao sistema de concurso para evitar nomeamentos e ceses de discrecionais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/04/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Catro directoras de bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia nomeadas mediante o sistema de libre designación foron despedidas nos últimos días. Un feito que provocou grandes críticas entre os profesionais do sector e a asociación que os agrupa BAMAD-Galicia. 

Biblioteca pública Ánxel Casal, en Santiago
Biblioteca pública Ánxel Casal, en Santiago | Fonte: santiagoturismo.com

Esta entidade critica nun novo comunicado o establecemento da libre designación como sistema de provisión das prazas de dirección dos arquivos, bibliotecas e museos xestionados polo Goberno galego. Por iso, insiste en reivindicar e defender a volta á provisión polo sistema de concurso, sistema, di “que garante o acceso dos e das mellores profesionais e o exercicio dun traballo, eminentemente técnico, con independencia.”.

Así lembra a excepcionalidade, na administración da Xunta de Galicia, da cobertura de prazas de nivel 26 polo sistema de libre designación, decisión que a consellería xustificou a finais de 2012 en atención ao “carácter directivo destas prazas e a especial responsabilidade das tarefas a desenvolver nestas unidades administrativas, figurando como único responsable da unidade o seu director ou directora e xestionando unha importante dotación orzamentaria asignada ao centro”.

“Ese carácter directivo debeu sobrevir no ano 2012 dado que dende 1989 (ano en que estes centros foron transferidos do Estado) ata ese momento nunca tiveron esa forma de provisión, nin anteriormente cando a súa xestión dependía do Ministerio de Cultura”, apunta nun comunicado.

Neste sentido, asegura que manter estas prazas co sistema de libre designación ademais contradí o establecido na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, lei que establece que nin sequera as xefaturas de servizo (nivel 28) se deberían prover polo sistema de libre designación.

Ademais, insiste en que a cobertura destas prazas debe seguir limitada a funcionarios das escalas de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, e non se abran aos corpos xerais, como sucedeu nas prazas dos órganos directivos da consellería ligadas aos nosos ámbitos.

Temas: BIBLIOTECAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

A resposta é non, porque de ter a praza sería imposible botar a unha trastornada. Pero moi mal por BAMAD, sempre de oposición oportunista ao PP a ver se cando veñan os outros os meten por algunha portiña xiratoria en pago dos servicios prestados. E moi mal pola Xunta, porque por sacar a unha enferma mental non teñen para qué desbaratar bibliotecas que funcionaban con normalidade. Lamento a equidistancia pero o penso así.