A Xunta admite os contratos a Atos Origin pero nega trato de favor

A sobriña de Romay Beccaría e ex-subordinada de Feijóo é directiva nesta empresa que, segundo di o Goberno nunha nota oficial, logrou o 7 por cento dos contratos abertos da secretaría de Modernización.

Por Walter Burns | Santiago | 22/02/2010 | Actualizada ás 22:50

Comparte esta noticia

A Xunta reacciona á nova de Galicia Confidencial sobre unha consultora, na que traballa a sobriña do ex-conselleiro Romay Beccaría e ex-colaboradora directa de Feijóo, que leva todos os plans de novas tecnoloxías do novo Goberno.

None

Máxima puntuación en todo menos na oferta económica

O comunicado da Secretaría Xeral non desmente ningún dos datos aportados por este Confidencial. Nin que Atos Origin gañou dous concursos pola vía de urxencia, nin que nos outros dous concursos venceu tras recibir a máxima puntuación en todos os criterios salvo o máis obxectivo, a oferta económica.

Agora ben, o Goberno destaca que as adxudicacións a Atos Origin son unha pequena parte de todo o contratou esta Secretaría. "O orzamento correspondente aos contratos adxudicados a esta empresa representan o 7% (602.640 euros) do orzamento total das adxudicacións realizadas entre xuño do ano anterior e o pasado mes de xaneiro", explica o Executivo.

Dúas adxudicacións negociadas

Galicia Confidencial sinalou que a empresa na que traballa Carmen Martín de Pozuelo Romay gañou a redacción de todos os plans de novas tecnoloxías, non todos os concursos relacionados coa sociedade da información.

Sobre os concursos pola vía de urxencia, Modernización argumenta que "adxudicáronse mediante procedemento negociado, como corresponde ás accións cun importe que non supere os 100.000 euros máis ive, un total de catro contratos, dous deles a Atos Origin e outros dous ás empresas Idom s.a. e Ascent Iberia s.l.".

Membro do Gabinete na CPTOV de Feijóo

Galicia Confidencial destacou a proximidade das carreiras de Nuñez Feijóo e Carmen Martín Pozuelo Romay. Un dato novo é que o presidente da Xunta fichouna, ademais de para a cúpula Correos, para o seu gabinete da Consellería de Política Territorial.

A continuación publicamos íntegro o comunicado da Xunta:

A Xunta de Galicia traballa con máis de 60 proveedores do sector tecnolóxico tanto multinacionais como empresas de ámbito local e nacional

Santiago, 22 de febreiro de 2010.- A Secretaría Xeral de Modernización e Inovación Tecnolóxica adxudicou, entre xuño de 2009 e xaneiro de 2010, a prestación de servizos e subministros a un total de 15 empresas distintas por un importe que supera os 8,6 millóns de euros.

Adxudicáronse mediante procedemento negociado, como corresponde ás accións cun importe que non supere os 100.000 euros máis ive, un total de catro contratos, dous deles a Atos Origin e outros dous ás empresas Idom s.a. e Ascent Iberia s.l. As 21 adxudicacións restantes, de importe superior, realizáronse a través de procedemento aberto, sendo dúas delas para Atos Origin. O orzamento correspondente aos contratos adxudicados a esta empresa representan o 7% (602.640 €) do orzamento total das adxudicacións realizadas entre xuño do ano anterior e o pasado mes de xaneiro pola Secretaría Xeral de Modernización.

Actualmente, as empresas beneficiarias dun ou máis dos 25 procedementos de contratación sacados a licitación desde xuño de 2009 por Innovación son Unisys España s.l., Marka Informática s.l., Foga, Altia, Inforhouse s.l., Tecnocom s.a., Satec, Microsoft, Indra, El Corte Inglés, Coremain, Idom s.a., Atos Origin s.a.e., Ascent Iberia s.l. e Telefónica. Estas 15 empresas son unha parte dos máis de 60 proveedores do sector tecnolóxico cos que traballa a Xunta de Galicia, tanto multinacionais como entidades de ámbito local e nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

17 unquesabe

Atentos ao asunto de Atos Origin e a amiguiña de Feijóo que na Xunta andan moi moi nerviosos co asunto. proba é que xa andan os fachas nos comentarios tentando desacreditar a información. Pero antes do venres vai haber novidades encol o noso austero presidente. Agarrense.

16 celtista

nin podrepepe nin corrupsoe GOBERNO DE SALVACION NACIONAL GALEGO! POLA INDEPENDENCIA E SOBERANIA NACIONAL GALEGA! POLA XUSTIZA SOCIAL AVANZADA! NON A MONARQUIA BORBONIA ESPAÑOLA NON A CORRUPCION NIN ZAPATIESTO NIN MARIJUANO

15 Limpio eres tú

Los que sean sucios a la trena, me importa un huevo que sean rojos verdes amarillos o azules, pero tu eso para los tuyos no lo quieres, verdad, HOOLIGAN PEPERO? Sois los reyes de la doble moral, el chanchullo y el compadreo. Esa es tu idea de democracia, prietas las filas y cabrón el de enfrente, vaya demócratas.

14 los rojos son limpios

Por que me suena a lo mismo de siempre y a la propagana de izquierdas mas rancia?? PP=corrupto y PSOE y BNG = claridad y trasparencia... joer que rapido nos olvidamos de los paseos en barquito del amigo barbudo y los gustos esquisitos del malogrado Touriño. ¿Por que nadie pregunta porque Pepiño blanco tiene la casa donde la tiene y a otros se las estan derribando?. Demagogia barata

13 Bloque al poder

esto es contaminacion informativa