VIGO | 10/04/2017 | Actualizada ás 14:02 por EUROPA PRESS
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, expresou este luns a súa "inmensa dor" e "tremendo pesar" polo falecemento de Carme Chacón, á que cualificado como unha "política excepcional".
En declaracións aos medios, o rexedor olívico admitiu que a noticia da morte da ex ministra produciu un "verdadeiro shock", e destacou a "capacidade" de Chacón, que "é unha mostra da irrupción das mulleres en política no mellor dos tons e dos talantes".
Caballero destacou que a socialista catalá soubo "romper standars" cunha nova forma de facer política "desde o feminismo", e destacou que, ademais do seu labor institucional, quedará "na memoria" da acción "desde o ámbito do socialismo".
O alcalde de Vigo, quen subliñou que Carme Chacón foi "unha moi boa amiga", confirmou que este luns estará, xunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na capela ardente instalada na sede do PSOE en Ferraz.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.