Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/04/2017 | Actualizada ás 12:08
A IV edición de “Cidade do Futsal”, evento deportivo que acollerá a Praza da Quintana, en pleno corazón do casco histórico compostelán, terá lugar os días 13 e 14 de maio. Organizado por Santiago Futsal, conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
O torneo “Cidade do Futsal” está dirixido a xogadores das categorías pre-benxam. Os organizadores teñen como obxectivo superar os 400 participantes e congregar nas dúas xornadas a máis de 3.000 persoas. Ao acto de presentación celebrado no Concello de Santiago, asistiron a concelleira de Deportes, Noa Morales; Ramón García e Miguel Fernández, presidente y director del Santiago Futsal; y Julio Masid Bande, director de Viaqua, que patrocina o evento.
Ademáis do torneo realizaránse outras actividades complementarias de carácter didáctico organizadas por Viaqua para que os máis pequenos podan coñecer de xeito divertido e ameno a auga, o seu coidado e a protección do medio ambiente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.