Seaga conta cuns 220 traballadores de media, pero o persoal varía de 100 a 650 segundo a época

A empresa pública Seaga contou con 226 traballadores de media en 2016, pero o persoal varía duns 100 a 650 profesionais en función da época, segundo os datos que achegou o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, este mércores na comisión de agricultura.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2017 | Actualizada ás 17:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A empresa pública Seaga contou con 226 traballadores de media en 2016, pero o persoal varía duns 100 a 650 profesionais en función da época, segundo os datos que achegou o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, este mércores na comisión de agricultura.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto | Fonte: Europa Press

De forma "permanente" están vinculadas coa sociedade 31 persoas, segundo especificou o alto cargo da Consellería de Medio Rural a preguntas do deputado do PSdeG José Antonio Quiroga.

Para a época de alto risco de incendios forestais, Seaga dispón dun cadro de fixos-descontinuos conformado por un total de 528 traballadores, aos que se suman outros que se contratan por obra ou de forma temporal para outro tipo de encomendas.

Ante as cuestións do socialista, Fernández-Couto explicou, tamén, a clasificación deste persoal laboral, dividido en catro grupos de 35 categorías profesionais diferentes.

Os contratos son indefinidos, descontinuos e temporais, segundo apuntou o director xeral. Nos dous primeiros casos, indicou, dáse a circunstancia de traballadores non fixos posto que a súa incorporación responde a unha sentenza xudicial e está pendente da cobertura definitiva mediante o correspondente proceso selectivo.

Quiroga, que advertiu de que a Xunta "non pode manter a un colectivo tan amplo nunha situación tan precaria", sinalou que o seu grupo estudará as cifras trasladadas nesta xornada, pero en todo caso avogou por aproveitar a un persoal "formado" e que pode cubrir "necesidades que pide o ámbito rural".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta