Villares di que "non houbo ningunha traizón en En Marea"

"Se Beiras quixera asumir a portavocía eu non tiña inconveniente, pero Beiras quería que fora eu", subliña. Insiste en que "o tempo do ruído xa ten que ser pasado" e hai que centrarse no futuro e en propostas construtivas para a sociedade galega.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/04/2017 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, negou este domingo traizoar aos seus compañeiros de coalición. "Creo que todas as persoas que están no Consello das Mareas son persoas inscritas, son persoas leais ao espazo de confluencia, por tanto ningunha traizón pode haber aí", subliñou.

Luís Villares (En Marea), nunha rolda de prensa no Parlamento
Luís Villares (En Marea), nunha rolda de prensa no Parlamento | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista en Cadena SER, o exmagistrado restou importancia ás críticas internas e asegurou que sentiu arroupado en todo momento polo histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras. "Se Beiras quixese asumir a portavocía eu non tiña inconveniente, pero Beiras quería que fora eu. Sempre dixen que non ía desautorizar a Beiras, e nunca me ía a situar contra el, porque foi o primeiro en dar pasos valentes cara á confluencia. Para min segue sendo a referencia, sentinme arroupado por el en todo momento", remarcou.

Cuestionado pola Marea Atlántica, Anova e Esquerda Unida, Villares espera que pase o ruído interno para poder centrarse no seu labor de oposición. "Esa é a gran pena que teño de todo o que pasou estas semanas, non poder trasladar a mensaxe de cambio de En Marea. O tempo do ruído xa ten que ser pasado e desde xa a mensaxe nítida ten que ser o que propomos, non o que nós somos internamente", aseverou.

A continuación explicou que se apoiou nas minorías de En Marea para configurar a coordinadora e a portavocía para evitar a decepción dos seus votantes e como un exercicio de responsabilidade: "Para evitar a decepción, o que fixemos por responsabilidade foi establecer unha coordinadora que botase a andar a organización de En Marea".

Sobre a súa relación co alcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, asegurou que "esa relación nunca estivo rota" e que "todas as críticas son lexítimas se se fan con respecto", como asegurar que "foi o caso". "Por tanto, non hai ningún problema. Unha crítica nunca pode supor a perda de lexitimidade, teñen que ser ben saudadas e pouco máis que dicir", explicou.

FEIJÓO, "UN MAL XESTOR"

Villares, tal e como indicou, quere centrarse no seu labor de oposición a un Feijóo que cualifica de "manso e manirroto". E é que considera que o presidente da Xunta é "un mal xestor", á vez que lamentou a súa "actitude sumisa a Mariano Rajoy".

Se el fora presidente, di Villares, estaría disposto mesmo a acampar ante o Congreso dos Deputados para evitar agravios como os que, asegurou, sofre Galicia este ano cos orzamentos xerais do Estado. "Un mal xestor e ademais manso porque vemos que hai un recorte do 30 por cento en investimentos para Galicia. Alguén viu a Feijoo alzar a voz contra isto? Se fose eu plantaba a tenda de campaña ante o Congreso dos Deputados ata que me fixeran o mesmo caso que a Cataluña, e non temos iso, temos un presidente que non abre a boca, que non di nin pío", asegurou.

ANGROIS

Sobre a oposición e a relación con PSOE e BNG, Villares cualifica esta como "boa", aínda que lamenta a dificultade para chegar a un acordo cos socialistas para impulsar unha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois no Parlamento de Galicia. "Hai moitos temas nos que a oposición traballa xunta, paréceme especialmente necesario facelo. Na investigación sobre o accidente do Alvia, nós seguimos reclamando o dereito a saber a verdade, e é unha pena que aí non nos poñamos de acordo co PSOE", finalizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

10 Rodicio

Deixade xa de tirar pedras de xenreira e odio. Coas vosas críticas puerís e descoñecedoras da verdade só alimentades a besta. Villares demostrou ata agora a a súa honradez e ser un candidato da confluencia; haberá a quen lle guste máis ou menos, pero tanto el coma se grupo parlamentario están a deixarse a pel co seu traballo honesto.

1 Era boa

E iso que non rascan bola como os de AGE

9 arzuacapital

Villares e cia: de verdade non vos dades de conta do patetismo de estar sempre falando de vós, do guapos ou feos que sodes, do tempo que fai en MArea, dos procesos internos e alcaldes estrellitas, de Beiras e o seu ego, etc,etc? NOn es mal rapaz, pero os teus mentores estanche minando o camiño, como ben sabes. Cansa tanto endomarea e tan pouco País.

8 A por eles meu líder

Que ben lideras Viyares todo paz y amor. Vaiche salir un pelazo mellor que o de Beiras, segue asi que xa os tes rodeados aos baróns e ás cúpulas, a Procesiones, a Tone Balnearios, a todos.

7 Marea si villares non

Villares vaite XA

6 RAMIRO DE YOLI

Agás a de Yoli Procesiones e Toné ( a través do seu monicreque Ferreiro)