Apadriña ou amadriña unha árbore de Xinzo para evitar que a corten

Xunta e concello teñen previsto tallar máis de medio cento de árbores dunha avenida, moitas delas centenarias.

Por Galicia Confidencial | Xinzo | 18/04/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

As árbores da Avenida de Celanova da vila de Xinzo da Limia precisan de axuda para a súa protección. Por iso, a Plataforma Amig@s das Arbores da Limia organiza unha andaina solidaria e apadriñamento/amadriñamento das árbores desta avenida ante a posibilidade de que moitas delas sexan cortadas, a pesar de ser centenarias.

árbores centenarias da Avenida de Celanova, en Xinzo, que Xunta e Concello queren cortar
árbores centenarias da Avenida de Celanova, en Xinzo, que Xunta e Concello queren cortar | Fonte: @maltratopaisaxe

O pasado 21 de marzo (Día da Árbore) o alcalde de Xinzo maila Conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia presentaron o proxecto de arranxo da avenida e a primeira medida consiste en eliminar 56 árbores e cambialas por outro tipo de vexetación. Unha medida que non comparten desde esta plataforma.

Por iso, decidiron organizar unha acción protesta que terá lugar o vindeiro 23 de abril cunha andaina pola Vía da Prata-Camiño Mozarabe dende Viladerrei a Xinzo da Limia. As persoas interesadas tamén poderán apadriñar ou amadriñar unha destas árbores. 

Durante a xornada tamén haberá actividades para os máis pequenos como un xogo de orientación-cartografía con xogo de pistas. Ademais, terá lugar un sorteo de agasallos ao remate da xornada e algunha que outra sorpresa máis. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 dende Xinzo

Non entendo como é posible que o alcalde "Chavelleiro" ainda siga exercendo. A fiscalía ten que investigar de onde sae a fortuna desta familia. Simplemente tirandolle da lingua a calquera veciño saberíase ao que me refiro.

1 Arturo

As árbores que se pretenden cortas son Plátanos. Son a árbore típica dos xardíns, moi adaptable aos espacios urbáns. Se non se podan, dan uns exemplares magníficos. Cortalos é una salvaxada. Compre parar eso, facer alegacións, manifestacións, o que sexa.