Temas: CASTROS

Sepultado o Centro de Interpretación comprometido hai 13 anos para o Castro de Cociñadoiro

A eurodeputada galega Lídia Senra denuncia ante a Comisión Europea que o centro segue "sen ser unha realidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2017 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega Lídia Senra (AGE Europa) denunciou ante a Comisión Europea (CE) que o Centro de Interpretación do Castro de Cociñadoiro (A Coruña), comprometido no ano 2004, segue "hoxe en día", 13 anos despois, "sen ser unha realidade".

Imaxe aérea do castro de Punta Langosteira, agora, inexistente / www.fomento.gob.es/
Imaxe aérea do castro de Punta Langosteira, agora, inexistente / www.fomento.gob.es/

Senra rexistrou en Bruxelas un documento por escrito dirixido á CE no que lle informa ao ente comunitario de que foron as obras de construción do porto exterior da Coruña as que deron lugar ao achado, hai máis de 13 anos, de "importantes restos arqueolóxicos de gran valor como é o chamado Castro de Cociñadoiro".

O Estado español autorizou no 2004 a escavación arqueolóxica e acordouse coa Autoridade Portuaria da Coruña, Xunta de Galicia e Concello que todas as estruturas levantadas para poder construír as novas instalacións portuarias trasladaríanse a un Centro de Interpretación que se abriría en Arteixo, "co obxectivo de difundir o castro e o patrimonio da zona".

"No entanto, a data de abril de 2017, o Centro non foi construído e as pezas arqueolóxicas están almacenadas, sen exposición ao público e con dúbidas sobre o seu estado de conservación", criticou Senra.

Xa que a creación deste centro foi un compromiso adquirido co Banco Europeo de Investimentos (BEI) no proceso de aprobación do financiamento comunitario outorgado para construír o porto exterior de Punta Langosteira, Senra preguntou á CE "que opinión merécelle esta parálise de tantos anos" e "se non considera que se debería instar á construción do Centro".

Vista das escavacións de Punta Langosteira no 2005/ www.manuelgago.org/blog
Vista das escavacións de Punta Langosteira no 2005/ www.manuelgago.org/blog

A eurodeputada considerou "inaceptable" o estado de "deixamento" no que se atopa "gran parte do patrimonio arqueolóxico e cultural galego" e reclamou a todas as administracións públicas que "se poñan a traballar para lograr unha boa conservación e difusión e coñecemento a historia" da Comunidade.

Temas: CASTROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta