Sete sindicatos forzan por "perda de confianza" a substitución de Prosagal á fronte da xunta de persoal do CHOP

Sete sindicatos --CESM-O'Mega, CIG, TSP, CSIF, SATSE, CC.OO. e UXT-- forzaron por "perda de confianza" a substitución de Prosagal á fronte da xunta de persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 17:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Sete sindicatos --CESM-O'Mega, CIG, TSP, CSIF, SATSE, CC.OO. e UXT-- forzaron por "perda de confianza" a substitución de Prosagal á fronte da xunta de persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

O salón de actos do Hospital Provincial quedou pequeno este xoves ante a gran cantidade de público que quixo asistir á reunión deste órgano de representación dos traballadores dos hospitais públicos da cidade.

Os sindicatos CESM-O'Mega, CIG, TSP, CSIF, SATSE, CC.OO. e UXT aduciron unha "perda de confianza" nas representantes de Prosagal, a organización creada como un colectivo de defensa dos dereitos dos traballadores sanitarios e que gañou as primeiras eleccións sindicais ás que se presentaba.

Este sete sindicatos votaron a favor do cesamento da presidenta da xunta de persoal, Carolina Iñarrea, e a secretaria, María Ferrero, con 17 votos a favor da substitución das dúas directivas de Prosagal e 8 en contra (todos das representantes de Prosagal).

Carmen Revenga, de CESM-O'Mega, é a nova presidenta e Xermán Rouco, de CIG-Saúde, o secretario da xunta de persoal do CHOP. A súa pretensión é que cada catro meses rote a presidencia entre os sindicatos.

MEDIDAS

Ao terminar a reunión, as representantes de Prosagal compareceron nunha rolda de prensa na que Carolina Iñarrea sinalou que a convocatoria da reunión e os nomeamentos de novos cargos da xunta de persoal son "ilexítimos" por non cumprir os requisitos estipulados no regulamento, polo que decidirán en asemblea se adoptan "medidas legais" na súa contra.

Carolina Iñarrea cualificou o seu cesamento de "atentado sindical" e asegurou que desde que se atopan á fronte da xunta de persoal pelexaron pola transparencia en todo o relacionado cos traballadores facendo públicas as actas dos diferentes encontros sindicais e cos representantes da administración e, ademais, queren facer públicas as comisións de servizo do mesmo xeito que crear unha comisión de saúde laboral para que todos os traballadores ocupen os seus postos de traballo.

Iso, segundo sinala a actual presidenta, "está a provocar malestar no resto dos sindicatos que rexeitan que se fagan públicos todos estes datos".

Ademais, engadiu que descubriron " moitas cousas" como que as comisións de servizo non están reguladas ou a mobilidade interna e "nunca quixeron que todo sexa público". "Agora darémoslles aínda máis cana", sentenciou a presidenta saínte.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta