A estrea de 'A historia dun satélite', de Also Sisters, abrirá este ano o Festival de Cans

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de 'A historia dun satélite', unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters, que abrirá este ano o festival. En concreto, trátase do filme debut destas irmás xemelgas, filmado na Universidade de Utah -na que agora son docentes- e asesorado por Sterling Van Wagenen, cofundador do Festival de Sundance.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 18:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de 'A historia dun satélite', unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters, que abrirá este ano o festival. En concreto, trátase do filme debut destas irmás xemelgas, filmado na Universidade de Utah -na que agora son docentes- e asesorado por Sterling Van Wagenen, cofundador do Festival de Sundance.

Festival de Cans
Festival de Cans | Fonte: Europa Press

Así o indicou este xoves a presidenta da Asociación Arela, Keka Losada, na presentación da imaxe gráfica e das camisetas do XIV Festival de Cans, que tivo lugar en Santiago de Compostela.

O deseño, realizado por Rei Zentolo, baseouse esta ocasión nunha fotografía real da propia organización do festival que reflicte o "espírito de cooperación, participación e traballo colaborativo" polo que se caracteriza o Festival de Cans.

Na imaxe central, varias persoas están a portar un 'can' de Cans, rodeados de elementos tan característicos do festival como o chimpín, a igrexa do Torreiro ou as estrelas coas que deixan pegada cada ano as personalidades máis destacadas que pasan polo certame.

O cineasta Alfonzo Zarauza, membro do xurado de curtametraxes, tamén fixo públicos os nomes das persoas que o acompañarán na tarefa de outorgar os premios dun concurso, que "contará con 16 curtos de ficción e non ficción e 5 de animación".

En concreto, serán Luisa Romeo -produtora de cinema-, Mara Torres -xornalista-, José Antonio Quirós -cineasta-, Sonia Castelo -actriz-, Diana Toucedo -docente, cineasta e montadora- e César Goldi -actor-.

Como broche final da presentación, o festival fixo pública a súa canción oficial, un tema composto por Eladio Santos (músico de Eladio y los Seres Queridos), e que leva por título 'Se ti vés comigo a Cans'.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta