Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2025 | Actualizada ás 11:41
A Consellería do Medio Rural informou que estabilizou xa o incendio forestal no Concello de Ribas de Sil que afecta a unha superficie de 12 hectáreas.
Segundo trasladou o departamento autonómico a Europa Press, o incendio comezou durante a madrugada deste sábado, ás 00,22 horas, e continúa activo, "aínda que evoluciona favorablemente". Ata agora mobilizouse a un técnico, nove axentes, 12 brigadas, 11 motobombas, dúas pas e un helicóptero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.